Friday 26 de April de 2024

Feijoó analiza co alcalde de Oza-Cesuras as principais necesidades do municipio


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, analizou hoxe co alcalde de Oza-Cesuras, José Pablo González Cacheiro, as principais necesidades do municipio.
Durante o transcurso da reunión, Feijóo tamén repasou o estado das principais infraestruturas proxectadas pola Xunta no concello nos ámbitos sociosanitario, educativo e viario. Neste último eido, destacou os proxectos do itinerario peonil e ciclista na AC-840 Pozomillos-Oza e a reforma da intersección do p.q. 6+000 da AC-840 en Oza-Cesuras.
Con respecto aos incentivos dos que se beneficiou o concello a través do fondo de fusións, o presidente da Xunta recordou que os concellos resultantes de fusións municipais obteñen para os proxectos de xestión compartida incentivos na presentación de solicitudes de subvencións, adquirindo o 30% da puntuación. E ademais acceden na orde de infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) a un maior importe de subvención.